martes, 25 de xullo de 2017

#Neoclasicismo: María Josefa Carón, Académica de Mérito na Real Academia de San Fernando #MujeresArtistas #MulleresArtistas


María Josefa Carón foi unha pintora española que chegou a ser nomeada Académica de Mérito en 1761 na Real Academia de San Fernando.

A mediados do século XVIII, era bastante usual que moitas damas aristocráticas practicaron actividades artísticas como entretemento. Isto fixo que cando en 1752 instáurase a Real Academia de San Fernando con Antón Rafael Mengs, moitas destas aristócratas entraron a formar parte da Academia conseguindo en moitos casos o título de "Académica de mérito", título que non era equiparable ao que recibían os homes nin en calidade, nin en prestixio. María Josefa Carón foi unha destas damas que pasou a ser nomeada en 1761 "Académica de mérito".

Non se pode perder de vista as limitacións que a educación artística das mulleres sufría nesta época, na que as artistas non podían asistir ás clases de debuxo de espido na academia, nin a outras clases de aprendizaxe de técnicas artísticas, xa que tan só se lles permitía realizar temas considerados "femininos", para evitar calquera transgresión das normas sociais e morais da sociedade do momento.



Entre as obras de María Josefa Carón destaca o retrato de Don Diego Villanueva. Que se atopa no Museo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.


luns, 24 de xullo de 2017

#AntigaGrecia: Aristarete #MujeresArtistas #MulleresArtistas

Entre as primeiras referencias en Europa relativas a artistas, Plinio o Vello, escribe sobre algunhas mulleres gregas pintoras: Timarete, Kalypso, Aristarete, Laia e Olympas. 

ARISTARETE
Aristarete, hija de Nearco, y su discipula, pinto á Esculapio.